GALICIA MORRE DE AMOR Chámase o seu home Amador. Ela, muller, é Galicia. Con ela vive o amor, co namorado, a súa ledicia. Por amor marchou Amador, por amor, a Alemaña. Sen descanso traballa por amor mentres ela fica estraña. Onte escribiulle Amador polo seu quinto ano xuntos. Frases, que asemellan de defuntos. Riqueza envía Amador, vén ouro soamente de fóra. Pero Galicia morre de amor, polo home que se demora. Tamén fica morto Amador nas terras da oportunidade.