@amiñaprofedegalego, En ti pensaba todos os días, cada hora, cada minuto, cada momento, cada segundo. Nos teus dous enormes e preciosos ollos azuis que, con só velos, facíanme soñar. Naquel fermoso e único sorriso que facía que o meu corazón se acelerase mentres a brisa do verán xogaba coas caracolas do teu cabelo. Naquelas pequenas e fráxiles mans que apretaba con forza para que non te alonxases de min pero… a todo chégalle o seu fin.