#birimbaoO birimbao, birimbau, birimbán ou trompa galega; entre outras moitas acepcións; aparece en Europa aló pola idade media, aínda que tamén hai quén sostén que xa existía na época romana. En Galiza, aínda hoxe, fórxanse birimbaos na comarca da Fonsagrada, berce deste instrumento musical no noso País. É sinxelo, pero de moi difícil fabricación. Foi caendo no esquecemento, pero hoxe parece ser que está a colher un chisco de auxe e todo elo grazas aos fonsagradinos.