#MunicipaisTeo Xa metidos de cheo na metade da campaña electoral e despois de ouvir e ler algo de todas as candidaturas sigo coma antes do seu comezo. Todos/as enchen a boca dicindo; uns mais ca outros/as; que terán en conta as suxestións e propostas dos/as cidadás durante o tempo que dure a lexislatura, no caso de saíren elixidos/as.Iso xa o levo escoitando “Per omnia saecula saeculorum, urbi et orbi”. Ren novo doutras convocatorias. Entón, penso e lembro unha frase de Castelao: “O pobo só é soberano o día das eleccións”. Poida que nos escoiten, outra cousa será que nos fagan caso. Pois todos/as a votar e logo; programa na mao; a esixir que cumpran ou do contrario marchen.!






Vakaloura
Eliminar comentario
¿Seguro que quieres eliminar este comentario?