Abeacas:
-Cada unha das dúas pezas do arado de pau ou romano que parten dende o rostro, de maneira oblicua, e serven para anchear o suco.
Meu avó tiña un arado coas abeacas de castiñeiro.
- Articulación das extremidades posteriores dos cuadrúpedes.
As abeacas permiten realizar os principais movementos de flexión e extensión.





