Para todas aquelas persoas que se empeñan en chamarlle "lubina":
ROBALIZA:
(substantivo feminino). Peixe mariño da orde dos perciformes (Dicentrarchus labrax) de corpo alongado, cor gris prateada, máis escura no lombo, con dúas aletas dorsais, moi voraz e de carne moi apreciada que pode chegar a medir un metro e a pesar doce quilos.
Cando medra troca de sexo e chámase "robalo" ("róbalo" dicimos na nosa zona).
Exemplo: Pescou seis robalizas coa cana desde a ponte.