- Youtube   9 anos

9 anos

#Portaseléctricasxiratorias. Non importa que non entendamos o recibo da luz. Non importa que paguemos unha das enerxías eléctricas máis caras de Europa. Non importa que tenhamos que pagar un canon se temos unha placa solar no telhado, pois o sol tamén é só patrimonio duns cantos. Igual pasa co vento que non sopra para todos. Ou sexa; que o sol non alumea ou quenta igual para todos e o vento só sopra a favor duns cantos. Neste país cutre e corrupto até as celhas, o que verdadeiramente importa é darlhe un postinho de trabalho vitalicio aos sempre desfavorecidos ex presidentes, ex ministros, ex altos cargos, ex corruptos e unha longa e interminábel ringleira de estafadores e vividores do alheo.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame