A Roda Da Vida
Avanza a roda da vida
mentres seguen medrando as colleitas
e os espíritos da natureza
énchennos de maxia esparexida.
Amorosos beizos seguen bicando
mentres brazos amorosos apertan,
amorosas olladas tentan
para bicar e apertar amando.
Xorde emprendedora enerxía,
incrementa a nosa fortaleza,
vai aumentando a nosa certeza
coa maxia condescendida.
Hai días para amencer cantando
nos que máxicos impulsos espertan
e hai sentires que nunca desertan
e hai forzas para seguir soñando.
E a nosa roda xira e xira
mentres van quedando as cousas feitas,
se unha remata outra comeza
na súa rutina preconcibida.
Poesía by Xurxo Gago Chao
