Roulando
No bico dunha árbore aniña
un bravo paxaro cun sinxelo fogar,
xebre, levou ramiña a ramiña
creou encoiriño niño circular.
O doce voo dunha avelaíña,
unha semente está por xerminar,
o acivro xa ten súa espiña,
os detalles da vida no seu roular.
E o barruzo; que ben sabe mollar,
no outono da castaña e muíña,
unha castaña xuculento manxar.
Detalles dos días no seu transitar,
anacos de señardade, morriña,
polas cousas da vida no seu roular.
© Poesía by Xurxo Gago Chao
