Isto é de traca: logo de case un ano no paro conseguín un choio de repartidor (sen horario definido e tendo que aguantar as tonterías e malos modos do fillo do xefe) e hoxe cando chego coa furgo para recoller o reparto diario dinme que vai ser o meu último día, que cando remate pase pola oficina a asinar o finiquito e que non volva máis. Así, sen explicación de ningún tipo.
Pois paréceme moi ben, aí vos quedades, que vos ature cristo. Cren que escravizando á xente van ir moi lonxe, pois que se escravicen eles.
O malo é que xa vos collera aprecio (de novo) e vou ter que deixar de entrar no Caxigo (de novo). Así que nada, a pasalo ben, e non permitades que vos escravicen!.

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame