#FEN Fai aproximadamente un ano publiquei aquí isto mesmo. Non son nin santo, nin meigo, nin bruxo e tampouco adivinho. Pero, dábame o corpo que mais cedo cá tarde ía acontecer. Disque o Ministerio de Defensa e o de Educación asinaron; ou están en vías de facelo; un acordo para levar ás escolas do Reino umha nova materia educativa. Na ditadura franquista esta materia obrigatoria chamábase F.E.N. (Formación del Espíritu Nacional) que basicamente enaltecía a democracia orgánica do “Movimiento Nacional.” A democracia orgánica, basicamente, vinha a dicir que a verdadeira democracia non provinha dos partidos políticos. Pero agora, ao que ía: será de obrigado cumprimento o conhecemento de toda a rancia simboloxía patria do Reino de Espanha. Comezando polas forzas armadas e rematando polo himno nacional, entoutros aparatos propagandísticos do Estado. A este paso pronto chegará o servizo militar obrigatorio. Ao tempo!

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame