Bos días e feliz semana. Hoxe luns unha fronte fría cruzará Galicia de oeste a leste durante esta xornada, deixando ceos anubrados con chuvascos, máis frecuentes e intensos durante a mañá e que irán remitindo á tarde, con apertura de grandes claros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán moderados do sudoeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña nas primeiras horas, baixando a súa intensidade co avance do día..

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada