Bos días e feliz mércores. Hoxe os ceos alternarán as nubes cos claros, con máis nubes polo noroeste, onde comezarán as chuvias a partir de media tarde, precipitacións que serán xeneralizadas pola noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes no litoral e zonas altas do interior..






