Bos día e feliz martes. Hoxe primeiro día de marzo predominará unha situación de ceos máis anubrados no noroeste e con máis claros no leste, tendendo a quedar moi anubrados en xeral cara á noite con chuvias febles no terzo norte. Haberá néboas matinas en zonas do interior. As temperaturas mínimas descenderán, con xeadas no interior mentres que as máximas continuarán ascendendo. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable no interior e de compoñente oeste frouxos no litoral, acadando intervalos moderados e refachos fortes no litoral norte..





