'Nacemos para vivir enlazados a cadeas rixidas e fortes, dun ferro que queima e do cal só podemos escapar soñando, porque soñar è a viaxe a un mundo único e irrepetibel, soñar è abrir a fiestra a una rúa sulagada de desexos e esperanzas que buscan saír a flote a pesar dos infortunios. Que outra maneira hai de vivir se non é soñando? Que outra forma hai de romper esas cadeas que nos impiden avanzar? Se cadra non todo o que fai todo o mundo está ben, ó mellor deberiamos cruzar ese bosque escuro, comer ese froito prohibido, remar a contracorrente e sen medo a cair nese inmenso mar que nos rodea. Vida só hai unha e porén temos que aproveitala sen arrepentirnos do que non fixemos e non do que intentamos e fracasou. Paz.
 
       
				 
				 
				 
				 
				 
				









