Bos días e feliz mércores. Hoxe teremos ceos moi anubrados e chuvias febles xeneralizadas, que irán remitindo ao longo da tarde con apertura progresiva de claros, quedando a noite con ceos anubrados e sen precipitacións. As temperaturas mínimas ascenderán de xeito notable mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior e moderados no litoral..






