Bos días e feliz martes. Hoxe os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos durante a mañá no terzo norte e montañas do leste, de neve en cotas superiores aos 1100 metros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, polo que se formarán xeadas no interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral, cambiando a oeste-sudoeste co avance da noite..






