Bos días e feliz martes. Hoxe os ceos presentarán nubes altas durante toda a xornada, con entrada de nubes medias co avance do día que mesmo poderían deixar algún chuvasco ocasional pola tarde no sur das provincias de Pontevedra e Ourense. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con algún intervalo de moderado no litoral norte..





