Cousas do Benquerer
Sempre mirando o bo da vida que vai,
sempre amarrando as cordas do noso norai
hai que apertar ben, para non deixar marchar
o ánimo que tanto vai e ben.
Hai que soportar, as correntes do mar
para non afundir o noso ser.
Sempre esperando un riquiño amencer,
sempre achegando sorrisos de benquerer
pois para que chorar, se se pode cantar
a música vaiche fortalecer.
Pois para que chorar, pois pódese soñar
e os soños son todo parabéns.
Sempre apreciando a maxia que no amor hai
Sempre soñando, aquilo podelo alcanzar,
nunca digas non, pois podelo lograr
depende da ilusión que inverterás.
Nunca digas non, nin que non vas chegar
a pouco que queiras chegarás.
Nunca digas, nunca digas xamais.
nunca digas eu non podo, non tal.
Sempre amarrando as cordas do noso norai.
Sempre mirando o bo da vida que vai.
Sempre apreciando a maxia que no amor hai
Sempre soñando, aquilo podelo alcanzar.
Sempre esperando un riquiño amencer.
Sempre achegando sorrisos de benquerer.
Nunca digas, nunca digas xamais.
Nunca digas eu non podo, non tal.
Poesía by Xurxo M. Gago Chao





