Bos días e feliz mércores. Hoxe o ceo estará en xeral pouco anubrado ou despexado con algunhas néboas durante as primeiras horas da mañá no interior e intervalos de nubes baixas no extremo norte da Comunidade. As temperaturas non terán cambios moi significativos, con xeadas en puntos do interior. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste, con intervalos de moderado no litoral norte..






