As Razóns da Vida

Unha boa razón fonda e sentida,
algo que che pete, ¿qué máis dá?,
algo que che anime o día,
un desexo, un paseo ou un cantar.

Unha boa razón fonda e sentida,
algo que che pete, ¿qué máis dá?,
algo que che dea alegría,
unha boa melodía, un verso ou un xantar.

Unha boa razón fonda e sentida,
algo que che pete, ¿qué máis dá?,
algo que che dea enerxía,
lembrar, reflexionar ou meditar,
algo que te axudaría
inda con chagas a camiñar,
algo da túa porfía,
dicirlle a vida: - Éche o que hai!

Poesía by Xurxo M. Gago Chao
#DíadaPoesía #Galicia #lingua Galega

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame