#futbol De deporte pasou a ser un cancro en estado de metástases que se vai estendendo por todo o planeta. Di “Javi Poves”: “O fútbol profesional só é dinheiro e corrupción. É capitalismo, e o capitalismo é morte. Non quero estar nun sistema que se basea en que a xente ganha dinheiro grazas á morte doutros en Sudamérica, África ou Asia. Simplemente, o meu ego interior impídeme seguir nisto.” Este futbolista chegou a debutar na primeira división co Sporting de Xixón e a día de hoxe; despois de percorrer medio mundo; desdise dalgumhas desas ideas. Pola minha banda, penso que, o mais honrado do fútbol é o balón. Si, ese balón que está cosido a mao por nenos explotados de entre 6 e 9 anos en países chamados terceiromundistas. Polo tanto de honrado ten ben pouco. Imaxinade como será o que xira ao seu arredor.? Por se fora pouco; moitos destes nenos explotados, e segundo algúns expertos en conflitos internacionais xunto coa mesma UNICEF; reconhecen que rematan ingresando no Estado Islámico buscando vinganza contra occidente. Consecuencias? Non fai falla ser un lince.
Días de Raia
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?
Vakaloura
Eliminar comentario
Seguro que queres eliminar este comentario?