Bos días e feliz domingo. Hoxe durante a mañá os ceos estarán máis anubrados canto máis ao norte, con chuvias febles no litoral norte e formación de néboas matinais en comarcas do interior. Á tarde os ceos quedarán pouco anubrados. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios. O vento soprará do nordés, frouxo pola mañá, aumentando en intensidade co avance do día..





