Bos días e feliz mércores. Hoxe durante a mañá os ceos estarán anubrados no terzo norte coa posibilidade de chuvias febles no norte de Lugo e pouco anubrados ou despexados no resto. A partir do mediodía entrarán nubes de tipo medio e alto que cara á noite deixarán algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas. O vento soprará do nordés, frouxo na metade sur e moderado na metade norte, con intervalos fortes no litoral..

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada