Bos días e feliz domingo. Hoxe agárdanse bancos de néboa matinais en moitos puntos do interior e intervalos de nubes baixas no litoral norte nas primeiras horas do día, para quedar despois cos ceos despexados. As temperaturas mínimas descenderán, polo que a madrugada será fría, pero as máximas ascenderán, especialmente na metade sur. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos de moderado á tarde e noite no litoral..





