Bos días e feliz mércores. Hoxe os ceos estarán parcialmente anubrados no noroeste con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional durante as primeiras horas do día, mentres que no resto da Comunidade estarán aínda pouco anubrados ou despexados. Esta situación ocasionará un lixeiro descenso das temperaturas. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste, con algún intervalo de moderado no litoral..
