Bos días e feliz xoves. Hoxe agardamos unha xornada de alternancia de nubes e claros, con chuvascos máis probables durante tarde, ocasionalmente tormentosos. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, pero as máximas ascenderán. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, con intervalos de moderado na franxa atlántica..






