Bos días e feliz martes. Hoxe pola mañá predominará o ceo despexado, agás no terzo norte onde pola mañá haberá algunhas nubes, que se manterán todo o día no norte de Lugo sen descartar algunha chuvia moi feble e ocasional. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos tormentosos en principalmente en zonas altas de Ourense. As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará do nordés frouxo ou moderado no terzo norte, acadando intervalos fortes entre Bares e Fisterra, e frouxos de dirección variable no resto...

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada