Bos días e feliz xoves. O día amencerá con ceo despexado, con máis nubes no terzo norte, principalmente na Mariña, onde as nubes de estancamento serán persistentes, con chuvias febles. A partir de media mañá medrarán nubes de evolución no interior e zonas altas que poden deixar chuvascos tormentosos, diminuíndo cara á noite. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán na metade norte. Os ventos soprarán do nordés frouxos a moderados no terzo norte, acadando intervalos fortes no litoral, e frouxos de dirección variable no resto...

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada