Bos días e feliz mércores. Hoxe agardamos unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas matinais no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte a primeiras horas. As temperaturas tenderán a ascender, sendo máis notorio o ascenso nas máximas. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico..







