Bos días e feliz martes. Hoxe o día amencerá con nubes de tipo medio e alto que irán aumentado ao longo do día; xa pola noite as nubes serán máis compactas no oeste onde non se descarta algunha precipitación feble. No litoral atlántico predominarán as brétemas. As temperaturas estarán en descenso, máis significativo nas máximas. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, tendendo a ser de compoñente oeste..
