Bos días e feliz mércores. Hoxe agárdase unha xornada de ceos cubertos, con chuvias febles que comezarán durante a mañá no noroeste e que se irán trasladando cara o sueste co avance do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas descenderán. O vento soprará frouxo de compoñente sur pola mañá e co paso da fronte virará a noroeste..
