Bos días e feliz semana. Hoxe luns agárdanse ceos despexados, con bancos de néboa matinais pouco persistentes en comarcas do interior. As temperaturas tanto máximas como mínimas ascenderán de xeito notable, con valores máximos por riba dos 30ºC en moitas localidades, mesmo por riba dos 35ºC no sur. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, predominando o réxime de brisas..







