Bos días e feliz martes. Hoxe agardamos unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas illadas no interior durante as primeiras horas da mañá; xa nas derradeiras horas da tarde veremos néboas que comezarán a entrar polas Rías Baixas. As temperaturas ascenderán polo que en xeral teremos sensación de calor pola tarde. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, agás no extremo norte onde terán compoñente leste e acadarán intervalos de moderado..







