Bos días e feliz mércores. Hoxe agardamos ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con entrada de brétemas costeiras polas Rías Baixas, con posibilidade de chuvias febles no litoral atlántico estendéndose cara ó interior, de xeito ocasional pola noite. As temperaturas mínimas ascenderán polo que se agarda unha madrugada moi cálida, mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán frouxos do sur nas primeiras horas e irán virando a compoñente oeste..

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada