Bos días e feliz sábado. Hoxe durante a mañá iranse cubrindo os ceos polo oeste e haberá alternancia de nubes e claros nas provincias de Lugo e Ourense. Pola tarde os ceos quedarán cubertos en toda a Comunidade, con chuvias febles máis probables no litoral atlántico e zonas altas. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, polo que será unha xornada de pouca oscilación térmica. O vento soprará frouxo de compoñente sur..

image
  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame