Afouteza Mourelle
Sei dun home rexo e bravo
guerreiro de vella memoria
con sangue espeso e salgado
e cunha afouteza insólita.
Ben puido morrer afogado,
pero o mar ten misericordia,
con teima seguiu apoutado
nunha vida apoteótica.
Garrido, xentil, arriscado,
coleccionista de vida anecdótica,
home instruído, afouto, versado,
patrón da boa concordia.
Comandante ante o mar enfadado
domador da onda transitoria,
explorador do mar desortellado,
experto de boa traxectoria,
sempre co seu puño en alto,
sempre coa ideoloxía boga,
canto cardume atrapado,
loce ben gañada gloria.
Sempre a barlovento,
nunca a sotavento!
http://www.galaicum.gal/2017/0....3/afouteza-mourelle.
