Humor de Galiñeiro ...
El movia ós seus doces bigotiños baixo a curiosidade que lle causaba ela, enfeitada con graciosas plumas alaranxadas mirabao con desdén, dirixindolle con aquel ollo sobervio a mirada máis fría e altiva que xamais se viu.
El seguia os movementos da plumifera cunha tranquilidade felina, como de cazador que espera pola presa. Mentres a brisa do norte brincaba coas follas das arbores frutais que espalladas polo recinto creaban un mesto teito verde que os ocultaba das miradas furtivas das lerchas aves rapaces.
Miraronse de novo, ela marchaba coa cabeza estirada, sen darlle importancia a quen a espreitaba, gustaballe sentirse como un suculento bocado que non se pode alcanzar.
Ó gato pareceulle inútil esperar por aquela vítima tan fachendosa e virou na busca dalgo mellor que investigar. A galiña, somerxida naquel estiramento estúpido e natural seguiu a ollar con aquel ollo aberto e grande un mundo de terra, froita e arames no que so tiñan importancia as xentís miñocas bailando no seu peteiro homicida.
