#refuxiados

#ADEGA (ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA) fíxome chegar isto.
#Proposta
para un acto a favor das persoas demandantes de refuxio.

A iniciativa foi da Fundación Eira da Xoana e está aberta aos colectivos que queiran participar na súa concreción, desenvolvemento e execución. De momento, téñense incorporado Médicos do Mundo e AA VV Agra do Orzán.

O obxectivo da actividade, a celebrar o día 13 de maio, é facer un chamamento a favor das persoas demandantes de refuxio.

Acordamos que xire sobre dúas simboloxías:
-Marcha a pé, en referencia ao que teñen que camiñar as persoas que procuran refuxio.
-Refuxiad@s no corazón, co punto final da marcha no centro xeográfico de Galiza

No corazón de Galiza, no centro de Galiza, é onde dispomos dunha casiña, con espazo arredor para calquera actividade: a Eira da Xoana, en Ramil (Agolada) -máis información en eiradaxoana.gal ou no facebook- .

A marcha sería dende varios puntos de arredor: Melide, Palas, Agolada, Antas…, cubrindo cando menos os 4 puntos cardinais e cun percorrido de 10-20 km . Nestes puntos reuniríase a xente e iniciaría o camiño a pé até a casa. Sería bo contar con nenos e nenas. Para eles e para as persoas adultas hai que dispor de coches de apoio.

O acto final na casa tería intervencións, música, poesía... Tamén se poderían facer pequenos actos no decurso nas camiñadas, de se decidir facer unha pausa nelas.

Na casa tamén se faría o xantar. Cada quen tería que traer a súa comida.

O lema será “Refuxiad@s no corazón”.

Recursos económicos non temos. Poderían obterse vendendo chalecos reflectores co lema da marcha, cobrando as inscricións nela ou buscando outros medios.

6 abril 2017

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada