#DíaDasLetras Dende o meu punto de vista, este non debería ser un festivo mais ao uso. Sempre dubidei se debería ou tería que ser, cando menos, un día lectivo voluntario e de festa no cal se organizaran e fixeran actividades relacionadas co galho da data da nosa lingua. Tamén, e sempre dende a minha opinión, a clase obreira debería asistir ao seu posto de trabalho aínda que só fose umhas horas voluntariamente para festexar, cadanseu na súa empresa e a súa maneira, esta crucial data. En ningún dos casos tería que ser un día ou xornada de trabalho normal. Só se trataría de reivindicar, dalgún xeito, o único que nos queda como pobo. Sería umha maneira de demostrar que se nos rouban a nosa fala; Galiza xa non será. Penso que cada galego/a, hoxe, cada un na súa actividade diaria deberiamos facer algo distinto dun día non laborábel cotián. Do contrario corremos o grave risco de que este día se vaia esvaecendo, esmorecendo paseninho e o convertamos nun sinxelo festivo de conveniencia. Só umha pequena mostra. O noso presidente; si o presidente de Galiza; xa non sabe con exactitude a data do Día das Letras. Parece ser que o importante é que sexa festivo, aínda que este sexa o día de San Cidre.
https://www.google.es/url?sa=t....&rct=j&q=&esrc=s&sou

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame