Eu queria coserte no meu peito,
atarte na miña memoria,
gravarte na miña mente,
reterte.
engaiolar os fuxidios recordos.
Só terte.
Pitiño, pitiño, meu pitiño
volver oir polo baixiño,
entre lostregos e sorrisos.
E quereria sentir de novo
o meu corazón adormecendo no teu colo.
E a calidez dos teus bicos
sobre a miña fronte perennes
querería...
O teu perfume sobre o rego da túa voz
como candeas prendidas
na verea sinuosa da miña vida
querería ...

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada