#Xubilados Xa están en pé dispostos a loitar e a non deixarse asobalhar.

Carta aberta dun xubilado aos Partidos Políticos: Non estamos a pedir ren que non sexa xa noso. Todo o que vedes agora ao voso arredor fixémolo nós. Levantamos a un país que viña dunha ditadura. Tivemos que estar a curar feridas que non fechaban, pero atopamos unha maneira de convivir con elas. Axudamos aos nosos pais ata o fin dos seus días: Non había axudas, eran os fillos os que tiraban do carro. Sacamos adiante ás nosas familias con moitos nenos e poucos medios. Traballamos de sol a sol en pobos e cidades. E construímos a España que hoxe gobernades vós, coma se fose só vosa. Levastes aos nosos fillos a unha crise económica, que nós mitigamos, carrexando cos nosos netos, compartindo macarróns, tecendo familia para que non se esborrallaran na súa desesperación. Non tedes dereito a pedirnos máis sacrificios. Queremos ter o que nos corresponde: Unha pensión que nos permita vivir dignamente. Señores Deputados Póñanse a traballar como fixemos nós e resolvan os seus problemas. Revisen TODOS os seus soldos e pensións vitalicias. As súas viaxes, as súas dietas, os seus asesores, os seus contratos engadidos nas comisións. Reduzan gastos empezando por vostedes. Non saian á rúa agora nas manifestacións, para facer propaganda electoral. Non utilicen o Congreso coma si se tratase dun circo, dunha comedia groseira e vulgar, con insultos, descualificacións e chistes malos. Non nos fai ningunha graza ver que ton agresivo, de rabia contida, utilizan nos seus debates. Pódese dicir o mesmo con educación e gardando a compostura. Demostren que son dignos da confianza que lles depositamos. E se non o fan, atoparanse cos seus pais na rúa. Teríaselles que caer a cara de vergoña. Somos unha xeración de loitadores. Non van poder calarnos a boca. Sería tremendo que teñamos que ser nós, de novo, os que teñamos que coller ao touro polos cornos. Demostren todos, con feitos, que miran por este colectivo de xubilados e déixennos vivir dignamente, a estas alturas da vida. Pásao, que somos moitos os indignados e ofendidos para que se escoite a nosa voz, tan subestimada, e cáiaselles a cara de vergoña.

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada