SANTIAGO ABASCAL ( VOX) (Breve biografía dun patriota de moda) -Vive do dinheiro público dende 1999 (ou dende os 23 anos; agora ten 42). -Afiliado dende os 18 anos ao PP, abandonou este partido en 2013. -Concelleiro de Llodio polo PP dende 1999 a 2007. -Procurador das Xuntas Xerais de Áraba 2003-2004. - VOX avoga pola eliminación das autonomías, pero Santiago Abascal tivo escano no Parlamento Vasco dende 2004 a 2009. -Esperanza Aguirre fíxoo Director da Axencia de Protección de Datos da Comunidade de Madrid (2010/2012). -Namentres recibe dinheiro da Gurtel. -A continuación, en 2013, outra vez Esperanza Aguirre faino Director da Fundación para o Mecenado e Patrocinio Social (con só 1 traballador máis o propio Abascal). Neste mesmo ano 2013 recibe da Comunidade de Madrid (agora é Cristina Cifuentes) 183.000 euros para a Fundación, dos cales 82.000 euros son para o soldo de Abascal. -Cando O País e UPyD destapan o escándalo, a Comunidade decide pórlhe fin ao chiringuito. -Con todo, Santiago Abascal seguirá cobrando de DANAES (Asociación para a Defensa da Nación Espanhola), da que é fundador. - A continuación, o Goberno do PP agasálhao con 33.000 euros e un piso como oficinas. -Cando O País destapa este novo escándalo, a Comunidade anuncia que pechará esta última Fundación, e é entón cando Santiago Abascal abandona o PP en 2013 e meses despois funda VOX. -Todo un currante por "conta propia" e que naceu un 14 de abril, día da República. Disque, segundo as súas propias palabras, vai sempre armado cumha pistola “Smith & Wesson.”

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame