Nada sorprendido cos resultados das eleccións. Conclusións: Alégrome da desaparición de Cs, que o único que fixo foi desunir e favorecer a extrema dereita. Que o PSOE errou estrepitosamente. Os meus parabéns a ERC (aínda que certos xiros últimos non me prestaron moito...), Junts, CUP, Bildu, Teruel Existe e PNV. E os meus parabéns ao BNG polo deputado. Non pertenzo a esa forza, son moi crítico con ela, penso que terían que facer un proxecto moi transversal e non van nesa liña, que moitos soberanistas prestaron o seu voto para que saise, e na escenificación televisiva parecían estar nun garaxe (estes aspectos hai que coidalos), nin unha bandeira galega... Que Podemos en Galicia coa que choveu quitou bos resultados, 80.000 votos Yolanda sorpréndeme. E que sigo agardando por un Partido Galeguista transversal, no que loitaría, e que está case todo sen facer. Saúde e Terra!!!






