Un xuíz de #Madrid imputa oito #xornalistas por informaren do contido dun sumario da Audiencia Nacional contra grupos #independentistas cataláns. O Colexio Profesional de Xornalistas de #Galicia únese ao rexeitamento ao que ve como "un ataque á liberdade de prensa" por "publicar información valiosa e veraz". "O delito de divulgación de segredos é aplicable a funcionarios, non a xornalistas, protexidos polo segredo profesional", agrega a entidade.

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada