#Primicia. Última hora. O Tsunami Democràtic, por sorpresa, acaba de invadir o terreo de xogo. Estamos á espera de que, dun intre a outro, fagan acto da súa presenza os antidisturbios para restablecer a orde futbolística e política. Tamén nos informan que, diante da magnitude do evento súper milhonario que está en xogo, posibelmente tenha que acudir a Lexión; cabra incluída. No terreo meramente económico; do que verdadeiramente se trata; non temos dúbida de que, ámbolos dous equipos, están a pór todas as súas amizades perigosas ao seu alcance (hotel, habitacións, xantar fraternal, sesta combinada por parelhas, paseos fraternais xuntos, bus común e outras interioridades non mencionadas) para que todo se leve a cabo no melhor ámbito capitalista posíbel.
P. D. : O “VAR” só intervirá se lho ordena o Sr. Colexiado (árbitro da contenda).

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada