O #Goberno central confirma á #Xunta que nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes é posible saír pasear sen franxas horarias dentro da marxe xeral de 6h a 23h aínda que pertenzan a concellos de máis #poboación. Esta posibilidade está recollida na orde que regula esta parte do #desconfinamento, se ben inicialmente a Delegación do Goberno en Galicia interpretou que só atinxe ás entidades locais con personalidade xurídica propia. O pasado domingo, Pedro #Sánchez xa se mostrara favorable ante #Feijóo a interpretar a orde en #Galicia en sentido amplo, como en #Asturias, e pronunciouse no mesmo sentido onte no #Congreso en resposta ao deputado do #BNG, Néstor Rego. [Na imaxe, un núcleo de poboación en Arcos (Mazaricos) CC-BY-SA Deensel]





