Vai pola recente publicación de Mónica. A Defensa da Sanidade Pública quere comunicar o seguinte. A persoa que me facilitou esta información asegúrame que é totalmente fiábel.


Ante a noticia de que Núñez Feijóo decidiu frear a segunda parte da enquisa a 100.000 persoas para detectar coronavirus mediante test rápidos, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos comunicar:
1.- Esta enquisa non responde a un deseño estatístico serio e eficiente, xa que un numero moi inferior de probas sería estatísticamente suficiente para coñecer a extensión da infección entre a poboación.
2.- A enquisa sobrecargou aínda máis a actividade dos Centros de Atención Primaria, especialmente do persoal de enfermaría.
3.- Supón un gasto innecesario nun momento de grave crise sanitaria e económica que debería obrigar a concentrar os esforzos e o gasto nos problemas de saúde máis importantes, como é a enorme mortalidade nas Residencias de Maiores en mans de fondos de investimento multinacional e organizacións dalgúns grupos eclesiais.
4.- Mentres levaban a cabo de maneira innecesaria estas miles de probas, unha boa parte do persoal sanitario segue sen realizalas, poñendo así en risco a saúde de pacientes e a actividade dos centros.
5.- Rexeitamos esta basta utilización dunha gravísima crise sanitaria e social, coa única finalidade de obter réditos electorais. Resulta indignante e patético que a Xunta de Galicia gastara máis dun millón de euros para poñer o seu logotipo a unhas máscaras que se reparten á poboación.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
Esta información é fiable e contrastada

  • Gústame
  • Encántame
  • Faime rir
  • Abráiame
  • Entristéceme
  • Anóxame