#Feijóo eloxia o #rei emérito Juan Carlos I como "un galego ilustre" e convídao a regresar a #Galicia "se quere volver" porque "estamos encantados de recibilo". O presidente da #Xunta afirmouno tras ser recibido no Palacio de La Zarzuela polo actual xefe do Estado, Felipe VI, co gallo da súa reelección como xefe do #Goberno galego. Entre os asuntos que lle trasladou ao rei, a Xunta destaca as medidas fronte ao coronavirus e unha petición de "axuda" para "ampliar" o #Xacobeo 2021 por mor da pandemia "ata xullo de 2022".

image
  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada