Á beira do río, baixo os caxigos, non se oe fala humana. Namáis o murmullo da auga, os grilos, algún moucho, batracios sumerxíndose, a topia rabuñando a terra, xabaríns gruñindo ... o resto de animaliños son silenciosos: as lesmas, as libélulas, as arácnidas, e os bichos en xeral, que, en tempo de sega verán acabado o seu paraíso verdescente e colorido, resucitado por enésima vez de outro inverno. Floreciñas, herbas, tréboles e demáis plantío acabará no bandullo dos mamíferos.

  • Me gusta
  • Me encanta
  • Me divierte
  • Me asombra
  • Me entristece
  • Me enfada